A Illa de Medal en Ponte Sampaio

Illa Insuiña ou Illa De Medal


 Na desembocadura do Río Verdugo, en Ponte Sampaio, existe unha pequena illa que se encontra unida á terra por unha pequena ponte. A  isla pertenceu no século XX a Antonio Medal (1902-1985), pintor nado en Arcade e que se reunía aquí con grandes figuras ilustres como Castelao, Asorey, Laxeiro, Valle Inclán, Ramón Cabanillas ou Manuel Quiroga.

En 2007 a illa foi comprada polo Ministerio de Medio Ambiente para acondicionar un pequeno paseo con fin na illa. Dende a estrada por onde discorre o Camiño Portugués de Santiago comeza o paseo xunto ao río. Á Illa  accédese a través dunha pequena ponte de pedra dun só ollo que se une a unha pasarela de madeira levadiza con unha portada de pedra con agudos pináculos na súa parte máis alta.

Pódese leer unha inscrición sobre a porta que di: “Pequeniña, pero miña”. Dentro da illa veremos un palomar, un hórreo, un fermoso cenador e diversos obxetos arquitectónicos. Dende a illa temos unhas fermosas vistas da enseada, de Pontesampaio e do Monte da Peneda.









Comentarios

Entradas populares de este blog

SALVATERRA DE MIÑO. PARQUE A CANUDA

MONTE DO FACHO, en Donón