MONTE DO FACHO, en Donón
O Facho de Donón é un importante xacemento galaico-romano, que nos aporta
valiosa información sobre a fase final da cultura castrexa, xa que ademáis neste lugar
atópase tamén un santuario, datado en tempos prerromanos.
O culto, que xorde antes da época castrexa, perdurará ata o século IV d.C.,
según a datación de varias aras atopadas na parte superior do xacemento, onde
houbo gran concentración de achádegos de este tipo.
A información sobre este xacemento remóntase a varios achádegos casuais
durante o século XX. Xa na década dos 70 comézase a estudiar con máis seriedade
este lugar, e durante os primeiros anos da década dos 2000 faránse algunhas
intervencións sistemáticas que sacan á luz varias estruturas circulares, parapetos e
muros divisorios, ademáis de numeroso material cerámico e aras.
Durante o ano 2018 a Deputación de Pontevedra leva a cabo unha excavación e
tamén fase de restauración, nun espazo aproximado de 1300 metros cuadrados. Nesa
fase restáuranse tamén estruturas descubertas anteriormente, ademáis dun tramo de
muralla recentemente descuberto.
A propia presidenta do ente provincial sinalou "Ata o momento, o balance é
espectacular". Indicou asemade que recuperáronse preto de 2000 pezas, e tamén
catro moedas romanas, datadas no século IV d.C.
“O obxectivo é crear unha área arqueolóxica homoxénea e restaurada para o
seu aproveitamento turístico […] e completar ademáis os datos científicos existentes
sobre o xacemento. De este xeito preténdese contribuir á dinamización da zona,
recuperando un novo espazo de gran valor patrimonial, cultural e tradicional como é
o Facho de Donón”.

Precioso!!!
ResponderEliminarMuy bonito!
ResponderEliminar