Carmen a "Muller Bivalvo"
Dende o pasado mes de xaneiro do presente ano o centro urbano do Concello de Soutomaior, Arcade, rinde homenaxe a importante figura das mulleres nun dos oficios artesanais máis tradicionais deste municipio e de maior importancia para a economía local, o marisqueo.
A obra foi pintada polo artistas Yoseba Murazabal, con motivo do Dia Internacional da Muller Rural, que se celebrou dende a concellería de igualdade deste concello, quen financiouo o traballo en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
A protagonista, é unha veciña de 96 anos, Carmen Martínez Sobral e foi elixida por aclamación veciñal e proposta pola cofradía para encarnar esta homenaxe. Carmen, co seu cesto de ameixas na cabeza e descansando os seus pes nunha cuncha de vieira, ve como se lle recoñece toda a vida de traballo e se convirte nunha das "superavoas" que o artista encarna na súa colección "Fenómenos do rural".

Comentarios
Publicar un comentario